Hay alguien que necesita tu ayuda
colabora con nosotros

 
Inicio
¿Quen somos?
Historia
  Equipo
  Memoria
¿Que facemos?
Principios
Obxectivos
Fins
Nosas noticias (NOVO)
Accións
Cooperación
Camerún
  Etiopía
Sensibilización
Voluntariado
Galería de fotos
Axúdanos
Contacto
 
 

 

 
Camerún
 

O proxecto que desenvolvemos dende o ano 2005 consiste na mellora das condicións de vida de menores discapacitados na zona de Bamenda, ó noroeste de Camerún. Nestes momentos dispoñemos dunha casa de acollida temporal na que conviven 35 menores con algún tipo de discapacidade física e ás que se lles proporciona educación e asistencia sanitaria, esta última na medida en que se dispón de medios.

Durante o período de vacacións tratamos de que os/as menores con minusvalías non-severas retornen ás súas casas e sexan atendidas polas súas familias como forma de integración dos/as mesmos/as na sociedade. A filosofía da casa de acollida non é recoller a todas aquelesas/ menores ós que ninguén quere, senón que sexa un centro de educación para a poboación da zona no que aprendan que unha discapacidade, xa sexa física ou psíquica, non debe supoñer para quen a sofre a súa exclusión total. Un dos principais obxectivos de Cero negativo para o futuro é a educación no seo das familias, co fin de que estas se fagan cargo daqueles/as menores con discapacidades leves, reservando deste modo a casa de acollida para aqueles casos máis graves e que necesitan unha atención especial da que non dispoñen as propias familias.

Niste senso, establecéronse vínculos coas autoridades políticas e representantes sociales da zona, en orde a obter a súa colaboración no desenvolvemento do proxecto de CEFED en Santa.

Tamén téñense efectuado visitas a varios centros médicos como o Hospital Baptista de Bamenda (Mbingo Baptist Hospital), Hospital St. Joseph de Sayocah dirixido por Hermanas Franciscanas, o Hospital St. Mary dirixido por Siervas de María españolas  e unha reunión co  doutor David Nchande, director da clínica Centro Ortopédico en Douala, en orden todas elas a establecer vínculos de colaboración mutua.

Os próximos retos de Cero negativo serán, por un lado a mellora das condicións dos/as menores usuarios/as da casa de Santa e por outro o establecemento de convenios cos mencionados centros médicos.

▪ Mais información

   
Tenda solidaria
Enlaces
Colaboracións

Cero Negativo ©2007