|
|
Campañas
Accións |
En
canto ás campañas desenvolvidas por Cero negativo, a
principal é a concienciación e sensibilización social
respecto ás persoas con discapacidades físicas ou
psíquicas en países en vías de desenvolvemento. Para iso
esta asociación, xa dende o inicio da súa actividade,
vén organizando viaxes de sensibilización á súa zona de
traballo en Bamenda. Nestas viaxes o viaxeiro non
desenvolve traballos concretos, senón que o que se
pretende con elas é que comprobe “in situ” as distintas
problemáticas existentes na zona e que achegue as súas
ideas.
Nun
futuro tamén está previsto o desprazamento de
voluntarios á zona para que acheguen o seu traballo para
a execución de proxectos concretos. |