| |
 |
¿Qué
facemos?
O noso
proxecto |
O proxecto que desenvolvemos dende o ano 2005 consiste
na mellora das condicións de vida de menores
discapacitados na zona de Bamenda, ó noroeste de
Camerún. Nestes momentos dispoñemos dunha casa de
acollida temporal na que conviven 30 nenas con algún
tipo de discapacidade física e ás que se lles
proporciona educación e asistencia sanitaria, esta
última na medida en que se dispón de medios.
Durante o período de vacacións tratamos de que as nenas
con minusvalías non-severas retornen ás súas casas e
sexan atendidas polas súas familias como forma de
integración das mesmas na sociedade. A filosofía da casa
de acollida non é recoller a todas aquelas rapazas ás
que ninguén quere, senón que sexa un centro de educación
para a poboación da zona no que aprendan que unha
discapacidade, xa sexa física ou psíquica, non debe
supoñer para quen a sofre a súa exclusión total. Un dos
principais obxectivos de Cero negativo para o futuro é a
educación no seo das familias, co fin de que estas se
fagan cargo daqueles menores con discapacidades leves,
reservando deste modo a casa de acollida para aqueles
casos máis graves e que necesitan unha atención especial
da que non dispoñen as propias familias. |