|
|
Un
poco de historia
Acerca de O
- |
0-, é unha
organización sen ánimo de lucro inscrita co número
588935 no Rexistro Nacional de Asociacións. Naceu no ano
2005 cando un grupo de amigos, que hoxe forman a
asociación, deciden poñe-los seus coñecementos a favor
do desenvolvemento dos menos favorecidos. O primeiro
paso foi formarse profesionalmente para realizar
calquera tipo de acción neste senso con garantías
suficientes de éxito, polo que tódolos membros da
asociación se prepararon intensamente en ámbitos como a
Xestión do Ciclo de Proxectos de Cooperación,
Microcréditos, Dereito Internacional ou Planificación e
Estratexias nas ONG’s.
A primeira
acción realizada sitúase en Bamenda (Camerún), onde se
leva a cabo un proxecto de acollemento de nenas
discapacitadas.
En
Xullo de 2007 varios membros de Cero Negativo viaxaron a
Bamenda donde estableceron vínculos coas autoridades
políticas e representantes sociais na zona, en orde a
obter a sua colaboración no desenvolvemento do proxecto
de CEFED en Santa.
Tamén
efectuaronse visitas a varios centros médicos como o Hospital Baptista de Bamenda (Mbingo
Baptist Hospital),
Hospital de Sayocah rexentado por Hermanas Franciscanas
e unha reunión co doutor David Nchande, director da
clínica Centro Ortopédico en Douala
Os próximos
retos de Cero negativo serán, por unha banda a mellora das condicións dos menores usuarios da casa de
Santa e pola outra o establecemento de convenios cos
mencionados centros médicos. |